Hosting por Logo dinahosting
22 Marzo, 2021

50 anos CAM 1971-2021


Moitas grazas a todas as socias e socios que o longo destes 50 anos fixeron e fan posible a existencia do club e a todos e todas os que hoxe viven o club coa mesma ilusión.

14 Febreiro, 2021

Enquisa sala boulder (data tope 25/02/21)

Tras a proposta feita por algúns soci@s.
Dende a Directiva do Club queremos trasladarvos unha serie de cuestións, en materia de escalada, para poder establecer e cuantificar as diferentes sensibilidades por parte das soci@s.

Parécenos que na situación actual de evolución que está a experimentar a escalada e as actividades/deportes asociados a mesma, podería ser da vos@ interese dispor dun espazo de encontro, conexión e entrenamento que poida servir como punto de partida para a realización destas actividades no medio natural. Igualmente, podería resultar un punto de inflexión de cara a unha renovación xeracional. Rogamos a máxima participación na enquisa (antes do 25/02/21)

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdJrfMqzdJ_mBsVDvW2NOvxaT7GFjXTUWbCya5izB58RQFGeQ/viewform?usp=sf_link

14 Febreiro, 2021

Asamblea Anual Club Alpino Ourensán 26/02/21

Convocatoria da Asamblea ordinaria anual do 2020 do Club Alpino Ourensán.
O próximo venres 26 de febreiro do 2021.
En primeira convocatoria ás 19:00h, en segunda convocatoria ás 19:30.
Co fin de cumplir cas restriccións COVID, a asamblea terá lugar vía telemática a través da plataforma Zoom.
Enviarase o enlace por correo electrónico nesa semana.
Orde do día:
-Presentación do balance de contas anual do Club Alpino Ourensán.
-Memoria de actividades 2020
-Presupostos para o 2021.
-Propostas para o ano 2021 atendendo ás limitacións e restriccións derivadas da Covid.O club cumple 50anos.
-Presentación da proposta e o estudio de viabilidade, en fase de valoracion, dunha sala de boulder.
-Recollida de propostas de posibles actividades do 50 aniversario da entidade e outras.
– Rogos e preguntas
A Xunta Directiva do Club Alpino Ourensán.
15 Decembro, 2020

Gañadores e fotos concurso fotográfico 2020

Fotos Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán 2020
Primer premio   : Paz (Pablo Fariña Valencia)
Premio Popular :Crestas Cantábricas (Rubén Bermejo Cañas)
Accésit : Fotografía de altura (Miguel Ángel Díaz Aviñoa
Accésit : O descanso da guerreira (Luz Iglesias Araujo)
Accésit : Equipadora sobre mar de nubes (Javier Moldes Magdalena)

https://photos.app.goo.gl/Zwmdxf5mhDvipMk97

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón