Hosting por Logo dinahosting

GR-56 TransOurensán

Este sendeiro atópase actualmente descatalogado e en proceso de rehabilitación.

Este sendeiro é un proxecto iniciado nos anos 80 que trata de enlazar pola traza de antigos camiños, as dúas grandes zonas de actividades do club, Manzaneda e o Canón do Sil, o refuxio e a escola de escalada. Como consecuencia do desenrolo do proxecto xerouse un sendeiro de grande percorrido de aproximadamente 100 km. que percorre zonas paisaxísticas, naturais e de montaña que estan a ser obxeto por fin de recoñecemento por todala sociedade galega que se acerca a coñecelas e que descubre que no interior atesoranse as claves da Galicia rural.

O sendeiro transourensán no seu orixe partía das proximidades da desembocadura do río Sil no río Miño, punto neurálxico da Ribeira Sacra, pasando pola Escola de escalada do Sil, de impresionante factura paisaxística, dirixese ó Mosteiro de San Estevo de Ribas do Sil, enlazando a maioría de núcleos rurais por antigos camiños cara o mirador mais significativo de todo o Canón do Sil (As Gandaras); a continuación descende á autentica Ribeira Sacra onde os vellos muiños e os bos viños e licores enchen o peito do camiñante. Dende Sacardebois comenza unha forte subida que levaranos disfrutando da impresionante paisaxe hasta as terras que domina o pobo de montaña de Montederramo. Aquí comenza o ascenso ás serras do macizo central ourensá composto pola Serra de San Mamede e a Serra de Queixa onde se atopa a Estación de Montaña de Manzaneda e o final do sendeiro.

Actualmento o sendeiro atópase descatalogado, o Club Alpino Ourensán, esta levando a cabo unha forte aporta pola súa recuperación e rehomologación. Ademais, o sendeiro partirá dende a cidade de Ourense, para enlazar co percorrido orixinal preto do antiguo comezo do mesmo.

Información útil

Actualmente o sendeiro non se atopa sinalizado na súa totalidade, pero o mesmo pode realizarse completo seguindo o track gps. O grupo de traballo “Grupo GR56” esta traballando na súa rehabilitación e rehomologación.

Datos

Distacia: 130 km
Desnivel acumulado: 7600 m
Etapas recomendadas: 5 etapas

Ver en Wikiloc

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón