Hosting por Logo dinahosting

Ruta do Corvo ou do avó Elias C-6

Esta ruta sae de Quintás da Barra e é circular en oito. Pódese facer soamente un dos bucles.

 

Mapa Ruta do corvo

Ver en Wikiloc

O sendeiro discorre pola zona do rio Barra, sinalizado con cadrados cor azul, no cal nos atopamos zonas boscosas, regatos, lameiros e pazos, destacando, o Pazo de Fontefiz, sede do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia.

A ruta sae de Quintás da Barra (bar O Casado), diríxese cara ao río Barra (dirección Sureste), pasando por Hípica Coles, o pobo de Pereira, o pazo de Netorra e seguimos baixando ata a ponte do río Barra, a zona máis baixa da ruta. Despois comezamos a subir cara ao pobo de Cidadella, unha vez pasado o pobo metémonos nunha zona boscosa, pasamos un regato e chegamos outra vez ao río Barra xunto a uns muíños en ruínas. Logo seguimos unha pista ata unha presa e ascéndese hasta o pazo de Fontefiz, pasando por Quintás da Barra outra vez. Dende Fontefiz desandar ata o cruzamento da Chamorra para pasar por outra zona boscosa e dirixímonos cara ao albergue xuvenil centro Equal e Quintás da Barra.

Esta ruta ten enlace dende a ponte do río Barra ata a súa desembocadura co GR-56 transourensán (Ourense – Vos Peares – Manzaneda).

Distancia: 8,5 kilómetros
Tempo: 2 horas 30 minutos
Dificultade: Media-Baixa

Descargar tríptico da ruta (Castellano)

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón