Hosting por Logo dinahosting

Ferrata “A ferratinha”, Canón do Sil

Nova vía ferrata de iniciación no Canón do Sil, “A frerratinha”, unha iniciativa da sección de veteranos do club.

Trátase dunha vía ferrata de iniciación con maromas e cadeas duns 40 metros situada no sector A Ferrata da escola de escalada do Canón do Sil. Ademais, ainda que se trata dunha modesta instalación, só para iniciación, non é unha ferrata longa nin con dificultade, é a única que existe en Galicia. Dada a sua pouca dificultade serve para poder acceder a base das vías de escalada convencional do sector.

Para acceder á ferrata é preciso baixar rapelando, ainda que está abríndose un camiño ata a base. Esta localízase unhos 200-300 metros despois do sector Camachuelo da Escola de escalada do Canón do Sil, dirección Sto Estevo, a carón dun poste.

Ligazón coa localización da ferrata http://binged.it/1sfkbMM

1_multipart_xF8FF_2_ferrata B CON LA DOS COPIA MELLOR - copia

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón