Hosting por dinahosting.
Cargando Actividades

« Todas as actividades

VII Maratón de escalada “Canón do Sil”

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 7 Setembro
Categoría:

Nova edición deste tradicional evento de escalada no Canón do Sil. Este ano a VII Maratón de Escalada do Canon do Sil, terá un carácter competitivo, tratándose dunha xuntanza-competición de todos os escaladores no Canón do Sil.…


 

Os participantes, deberán de ser autosuficientes e contarán cun mapa e croquis dos sectores.

Ademais poderán inscribirse non participantes para os pinchos e/ou a camiseta.

Ao finalizar, sobre ás 20:45 horas realizarase entre todos os participantes un sorteo de material proporcionado polos patrocinadores, a tenda de montaña Entrepicos e Petzl.

Ademais, para todos aqueles que se inscribisen haberá uns pinchos ao finalizar para repoñer forzas.

Para esta actividade non é preciso ser socio do club.

Cando
Sábado 7 de setembro ás 8:30 horas. Programa

Donde
Na escola de escalada do Canón do Sil. Como chegar.

Reglamento

Consulta o regulamento da proba

Como inscribirse
A inscripción realizarase mediante a web www.clubalpinoourensan.es/maraton/inscripcion/

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón