Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades
Buscar Actividades

Navegación entre vistas de Eventos

Actividades pasados › Sendeirismo

Subscríbete ás actualizacións do calendario do club

Actividades Lista de Navigation

Xaneiro 2020

Sendeirismo: Sendeirismo Fragas do Calvo e do Deva. A Cañiza PRG 165 (11Xaneiro)

11 Xaneiro 2020

Sendeirismo Fragas do Calvo e do Deva. A Cañiza PRG 165 Data: 11 de xaneiro, sábado Distancia: 18kms, de percorrido circular Desnivel positivo acumulado: 963m Dificultade: media/alta. Chan moi esvaradizo en época de chuvia Punto de partida: A Ponte (Concello da Cañiza). - - UTM 29T X:557575 Y:4669939 Punto de encontro e hora: comunicarase ao

Más Información »
Febreiro 2020

Sendeirismo: Sendeirismo polo río Lonia e visita guiada o Castro de San Tomé (15 Febreiro 2020)

15 Febreiro 2020

SENDEIRISMO INFANTIL RÍO LOÑA E VISITA GUIADA CASTRO SAN TOMÉ:   Ruta de sendeirismo circular que percorre o cañón do Río Loña de Ourense polo seu tramo dentro do concello de cidade, o longo da cal tamén teremos a oportunidade de recibir a visita de Gema Seara que nos guiará a través do Castro de San Tomé

Más Información »
Marzo 2020

Sendeirismo: VI Marcha pola muller montañeira, espeleóloga…8 de marzo

8 Marzo 2020

Actividade proposta polas Meigas Montañeiras Para o domingo 8, as Meigas Montañeiras propóñennos un circular por Hío Data límite para a inscripción Mércores 4 de marzo Información útil Comezo (lugar, hora…): Hora: 10:00 h Lugar: Cruceiro de Hio Transporte: Coches particulares Material recomendado: Calzado lixeiro de montaña, roupa cómoda e de abrigo ,algo para a

Más Información »

Sendeirismo: Pitoes das Junias- Pico Fontefría 28 Marzo/Cancelada

28 Marzo 2020

Pitões das Júnias - Capela São João da Fraga - Pico Fonte Fria – Pitões das Júnias O sábado 28 de marzo propoñemos unha circular no PNG na que, partindo de Pitões das Júnias, subiremos ao Pico Fonte Fria (1.457 m) despois de pasar pola Capela de Capela São João da Fraga Tipo de ruta:

Más Información »

Sendeirismo: Pitões das Júnias ata a aldeia de Parada de Outeiro 29 Marzo/ Cancelada

29 Marzo 2020

Para o domingo 29, propoñemos a ruta dende Pitões das Júnias ata a aldeia de Parada de Outeiro pasando polo Mosteiro de Sta. Maria das Júnias e o Miradouro da Cascata. A ruta será de ida e volta Data límite para a inscripción Mércores 25 de marzo Información útil Comezo (lugar, hora…): Hora: 9:00 h

Más Información »
Abril 2020

Montaña, Sendeirismo: Semana Santa Gr 84 Sanabria (8-12 abril 2020) Cancelada

8 Abril 2020 - 12 Abril 2020

Trekking Gr 84, Montañas de Sanabria e Trevinca DATA: Semana Santa – Mércores 8 ao domingo 12 de abril de 2020 Por terceiro ano consecutivo, o CAM propomos un TREKKING para a primaveira. Se en 2018 foi a travesía Tenerife 0-4000-0 e en 2019 o Hight Balkans Trail agora queremos que sexa o GR84 polas

Más Información »
Agosto 2020

Infantís, Montaña, Sendeirismo: Pirineos 2020 (1-8 Agosto) Val de Hecho//Completa//Cancelada

1 Agosto 2020 - 8 Agosto 2020

Sentindoo moito , finalmente este ano o Club non organizará a xa tradicional saída a Pirineos. Nas circunstancias actuais de incerteza e priorizando o sentido da responsabilidade hacia @s nos@s soci@s, e hacia os propios veciños do Val de Hecho, consideramos que o mais acertado é pospoñer esta clásica saída de verán. Lamentamos as molestias

Más Información »

Sendeirismo: O Courel : Monte Cido e Devesa da Rogueira

29 Agosto 2020

O COUREL: MONTE CIDO E DEVESA DA ROGUEIRA  Sábado, 29 de agosto de 2020    O inicio e final da ruta será na localidade de Moreda, aldea encaixada entre o Monte Cido, ao norte,e a devesa da Rogueira cara o Sur.  Partiremos en primeiro lugar hacia o Monte Cido, lugar onde moitos historiadores sitúan ao mítico Monte Medulio, derradeiro bastión da resistencia fronte a invasión romana.  Este monte, integramente de rocha caliza, é unha lomba que agocha no seu interior,  ademais, multitude de covas que se supón foron empregadas polos nativos para  protexerse da invasión romana e, moi probablemente, foran tamén refuxio dos derradeiros Maquis durante a Guerra Civil. No seu cordal atópase un dos castros máis grandes de Galicia con máis de tres kms de lonxitude, destacando, a vexetación maiormente mediterránea coa presenza de orquídeas.  Desde o Cido, e sempre con espectaculares panorámicas, iremos cara a Devesa da  Rogueira, o bosque máis importante de Galicia e unha das zonas con máis biodiversida do continente. Percorreremos este auténtico fósil vivinte abraiándonos coa forza que ten a natureza nun lugar como este ,

Más Información »
Setembro 2020

Sendeirismo: Sendeirismo por Marín

12 Setembro 2020

RUTA CIRCULAR MONTES E PRAIS DE MARÍN: PERCORRIDO POLO RÍO LOIRA, MONTE E MÁMOA DA PASTORIZA, MONTE CASTELO DE ARDÁN, PRAIAS DE LAPAMÁN A LOIRA CON APROXIMACIÓN AO ILLOTE DE SANTO DO MAR Percorrido de 19 km, cun desnivel acumulado de 790 metros en vertical de ascensión e outro tanto de descenso. Sáese de cota

Más Información »

Sendeirismo: A toda costa : Ezaro-Muros

19 Setembro 2020 - 20 Setembro 2020

A TODA COSTA – Ézaro Muros, polo Monte Pindo  19-20 de setembro de 2020  Data límite para a inscripción: Mércores 9 de setembro até a hora de peche do Club. Comezo:  Saída ás 09:30 horas da igrexa de Santa Uxía do Ézaro   Transporte:  En vehículos particulares até Ézaro e regreso en taxi ou en  vehículos particulares dende Muros. Material recomendado:  Actividade de 2 días en autonomía.  Esterilla, saco, comida e o preciso para o vivac. Roupa  axeitada a climatoloxía. Calzado cómodo e pechado.  O material persoal de prevención do COVID 19 – Mascarilla (obrigatorio) e xel hidroalcohólico (recomendable). Pernocta:  En vivac ou tenda según cada quen conveña na zona da praia de Carnota.    Requisitos para participar:  Boa condición física, ser socio do Club Alpino e

Más Información »

Sendeirismo: Sendeirismo:Cabenca-Cavadosa

26 Setembro 2020

Sendeirismo 26 Setembro: Cabenca-Cavadosa A ruta se adentra en frondosos bosques autóctonos, que acompañan o río Seixo, visitando as aldeas de Cabenca, Meilide e Cavadosa. Data límite para a inscripción: Mércores 23 de setembro Información útil Comezo (lugar, hora…):Praia fluvial Cerdedo. Pontevedra. 10:30 horas Transporte:Vehículos propios Material recomendado: Calzado e ropa adecuada para actividades de senderismo.

Más Información »
Outubro 2020

Sendeirismo: Sendeirismo:Pitoes das Júnias /Aprazada

17 Outubro 2020

Pitões das Júnias - Capela São João da Fraga - Pico Fonte Fria– Pitões das Júnias O sábado 17 de outubro propoñemos unha circular no PNG na que, partindo de Pitões das Júnias, subiremos ao Pico Fonte Fria (1.457 m) despois de pasar pola Capela de Capela São João da Fraga Tipo de ruta: circular

Más Información »
Marzo 2021

Sendeirismo, Trekking: GR-56 Transourensán.

30 Marzo 2021 - 31 Xullo 2021

GR-56 Transourensán Neste ano que cumprimos medio século de actividade, gustaríanos retomar a actualización e homologación do GR-56 Transourensán. Buscamos un grupo de traballo para documentar o seu estado e facer os trámites necesarios que permita manter a homologación. Coma sempre, precisamos da vosa colaboración polo que, aquelas persoas que teñades ganas, tempo e forzas,

Más Información »
Maio 2021

Sendeirismo: Sendeirismo: Alto do Couto o Courel 1 de maio

1 Maio 2021

Sendeirismo: Alto do Couto o Courel 1 de maio Saída dende o alto do Couto as 9:00. Subiremos ó Formigueiros para logo baixar ata a Seara. Despoís subiremos ata a Campa de Lucenza e dende eiquí accederemos a zona alta da Devesa de Rogueira e saldremos o alto do Couto. Desnivel + (900 -1000) m.

Más Información »

Sendeirismo: Salentinos-Valle de Tejedo 22-23 maio 2021

21 Maio 2021 - 23 Maio 2021

Salentinos-Valle de  Tejedo 22-23 maio 2021 Durante a finde semana 22, 23 de maio achegarémonos o Valle de Tejedo, uns dos vals bercianos màis descoñecidos. Sairemos o venres con idea de pernoctar en Salentinos na Cabana del Trasgu, xa votamos de menos as veladas co noso amigo Senén. O sábado e o domingo faremos diferentes

Más Información »
Agosto 2021

Infantís, Montaña, Sendeirismo: Pirineos 2021 Val de Benasque 1-7 agosto

1 Agosto 2021 - 8 Agosto 2021

Pirineos 2021 Val de Benasque 1-8 agosto E chegou o momento!! Coa ilusión de sempre e a inestimable axuda de socios e socias, queremos poñer a andar o campamento de Pirineos 2021. Para elo necesitaremos ter unha estimación das persoas que estades interesadas, especialmente no caso daquelas que vaiades facer uso da zona de acampada,

Más Información »
Setembro 2021

Sendeirismo: GR56 Transourensán 1ª etapa: Ourense-A Virxe do Monte

5 Setembro 2021

GR56 Transourensán 1ª etapa: Ourense-A Virxe do Monte O vindeiro domingo 5 de setembro, retomaremos o noso GR56 que vai desde Ourense ata Manzaneda. Neste caso recorreremos o seu primeiro tramo de uns 20Km dende Ourense ata A Virxe do Monte. A ruta e lineal polo que contrataremos un microbus para a volta. Descripción da

Más Información »

Sendeirismo: A toda costa 18-19 setembro: Castro Baroña-Ribeira

18 Setembro 2021 - 19 Setembro 2021

A toda costa 18-19 setembro: Castro Baroña-Ribeira (Prazas cubertas, podes quedar en lista de agarda enviando mail a ; [email protected]) Descripción xeral Continuamos o camiño da costa, cun percorrido a pé entre o Castro de Baroña (Porto do Son) e Ribeira. 44Km en total, en dous días, pasando por extensas e fermosas praias. Data límite

Más Información »

Infantís, Orientación, Sendeirismo: Exploración Val das Mouras. Domingo 26 de setembro 2021

26 Setembro 2021

Exploración Val das Mouras. Domingo 26 de setembro 2021 O Val das Mouras atópase na parroquia de Seoane do Courel entre Mercurín e a de Ferrería Vella, e conta cunha extensión de cinco hectáreas onde a auga fixo incribles covas rodeadas de musgo, onde hai moitos anos chegaron mesmo a vivir persoas dentro delas, de

Más Información »
Outubro 2021

Escalada, Infantís, Montaña, Sendeirismo: Ponte do Pilar:Montaña, escalada, infantis e sendeirismo no Parque Rexional da Montaña de Riaño e Mampodre.

9 Outubro 2021 - 12 Outubro 2021

Montaña, escalada, infantis e sendeirismo no Parque Rexional da Montaña de Riaño e Mampodre. (9-12 outubro) O Parque Rexional Montaña de Riaño e Mampodre é un extenso territorio de alta montaña da Cordillera Cantábrica, situado no noroeste da provincia de León, nas cabeceiras dos ríos Esla, Porma e Cea. O Mampodre é un macizo con cumios

Más Información »

Sendeirismo: Pitões das Júnias – Capela São João da Fraga – Pico Fonte Fria– Pitões das Júnias 16 outubro

16 Outubro 2021

Pitões das Júnias - Capela São João da Fraga - Pico Fonte Fria– Pitões das Júnias ¡¡¡PRAZAS COMPLETAS!!! O sábado 16 de outubro  propoñemos unha circular no PNG na que, partindo de Pitões das Júnias, subiremos ao Pico Fonte Fria (1.457 m) despois de pasar pola Capela São João da Fraga Tipo de ruta: circular

Más Información »

Sendeirismo: Pitões das Júnias ata a aldeia de Parada de Outeiro 17 de Outubro

17 Outubro 2021

Pitões das Júnias ata a aldeia de Parada de Outeiro  ¡¡¡PRAZAS COMPLETAS!!! Para o domingo 17 , propoñemos a ruta dende Pitões das Júnias ata a aldeia de Parada de Outeiro pasando polo Mosteiro de Sta. Maria das Júnias e o Miradouro da Cascata. A ruta será de ida e volta Información útil Comezo (lugar,

Más Información »

Sendeirismo: GR 56 Transourensán 2ª etapa: 24 outubro Virxe do Monte-Parada do Sil

24 Outubro 2021

GR 56 Transourensán 2ª etapa: 24 outubro 2º tramo do Transourensán: dende a Virxe do Monte onde quedamos na outra etapa, ata Parada do Sil, atravesando as fermosas paisaxes do cañón do Sil en pleno outono. Serán 25 km aprox. E calculamos unas 7 horas +/-- Ruta de sendeirismo dende a Virxe do Monte seguindo

Más Información »
Novembro 2021

Sendeirismo: Día do Sendeirista 14 novembro

14 Novembro 2021

Día do Sendeirista 14 novembro Roteiro circular polos arredores da estación de Manzaneda duns 15Km, atravesaremos fermosos pinares e terminaremos cunha comida popular no refuxio Pena do Caldeiro do Club Alpino. Trataremos de facer cume ( se o tempo permíteo) para poder ter unhas fermosas vistas sobre todo o macizo, e os vales da serra de

Más Información »
Decembro 2021

Infantís, Sendeirismo: Sendeirismo na Alberca 4-8 decembro

4 Decembro 2021 - 8 Decembro 2021

Sendeirismo na Alberca (4-8 Decembro)  Durante esta ponte de decembro realizaranse tres actividades dentro do Parque Natural de Las Batuecas - Sierra de Francia sen dificultade técnica. Mas infomación do parque en https://es.wikipedia.org/wiki/Parque_natural_de_Las_Batuecas-Sierra_de_Francia Actividade aberta á sección infantil. Os rapaces e rapazas apuntados, a primeira actividade valorarase o primeiro día in situ. A segunda actividade sería só recorrer o val das Batuecas. E a terceira si están con ganas subir a Peña de Francia.  Inscripción Data límite para a inscripción: Luns 29 de novembro Información útil Comezo(lugar, hora...): O punto de quedada será todos os dias na Praza da

Más Información »
Xaneiro 2022

Infantís, Sendeirismo: Natureza e xogo en A Ferradura: Domingo 9 de xaneiro 2022

9 Xaneiro 2022

Natureza e xogo en A Ferradura: Domingo 9 de xaneiro 2022 Información útil  Comezo (lugar, hora…):   11:00 h – No pobo de Formigueiro, a 20 km da cidade de Ourense  Senderismo en A Ferradura: Ruta de 5 km e 150 m de desnivel positivo acumulado-Sendeirismo na natureza e xogos de expresión.  Actividade multiedade, apta para nenos. Proposta lúdica que mixtura una ruta de 5 km y 150 m de desnivel positivo acumulado e xogos para crear e compartir a través de ferramentas como o debuxo, a fotografía, etc.​ Transporte:  Coches particulares  Material recomendado:  Actividade de sendeirismo. Vestimenta e calzado adecuados, comida  e bebida para pasalo día.   A ruta discurre polos Chaos de Amoeiro, concretamente visitaremos estación de petroglifos de A Ferradura. O punto de encontro será o día 9 de Xaneiro, a las 11:00 h no pobo de Formigueiro, a 20 km da ciudade de Ourense. Con intención de xantar no bosque e recollernos antes de que veña a noitiña.    Grupo reducido. 5 persoas máximo, por orden de inscripción  Coordinadora: Laura Lobón Castro. Transporte:Coches particulares Requisitos para participar: Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade Adxuntar na inscrición cuberto e firmado o

Más Información »

Montaña, Sendeirismo: Salentinos 29-30 xaneiro

29 Xaneiro 2022 - 30 Xaneiro 2022

Salentinos 29-30 xaneiro Durante a finde semana 29, 30 de xaneiro achegarémonos a Salentinos Sairemos o venres con idea de pernoctar en Salentinos na Cabana del Trasgu, xa votamos de menos as veladas co noso amigo Senén. O sabado ascenderemos o Valdeiglesias dende Salentinos ruta circular duns 20 km 1200 desnivel + 1100 (se houbera

Más Información »

Sendeirismo: Pena Corneira dende a Quinza 30/01/2022

30 Xaneiro 2022

 Ribadavia - Pena Corneira Descrición do roteiro: o roteiro trátase dun interesante carreiro que une a localidade de Ribadavia coa preciosa paraxe de Pena Corneira, partimos da Quinza en Ribadavia por un carreiro situado na marxe esquerda do río Avia ata alcanzar a localidade de Leiro seguimos o camiño real ata Lebosende posteriormente alcanzamos a

Más Información »
Febreiro 2022

Sendeirismo: Courel 12-13 Febreiro

12 Febreiro 2022 - 13 Febreiro 2022

Courel 12-13 Febreiro A serra do Courel alberga a maior xoia natural de Galicia a Devesa de Rogueira, un bosque autóctono, onde convive a práctica totalidade das especies vexetais naturais de Galicia .http://www.serradocourel.es/home.html Información útil  Comezo (lugar, hora…):   Quedaremos para empezar a ruta as dez e media na aula de natureza de Moreda  Transporte:  Coches particulares Material recomendado:  Dependendo das condicións climáticas, non sé precisa ningún material técnico 

Más Información »

Infantís, Sendeirismo: Natureza e Xogo no Monte da Xoia 20 de Febreiro.

20 Febreiro 2022

NATUREZA E XOGO NO MONTE DA XOIA, 20 DE FEBREIRO  Información útil  Comezo (lugar, hora…):   11:00 h – No pobo de Mugares, a 10 km da cidade de Ourense  Transporte:  Coches particulares  Material recomendado:  Actividade de sendeirismo. Vestimenta e calzado axeitados. Comida  e bebida para pasalo día. Descripción da actividade a realizar     Sendeirismo na natureza e xogos de expresión. Actividade multiedade, apta para nenos. Proposta lúdica que mixtura una ruta de 6 km e 350 m de desnivel positivo acumulado e xogos para crear e compartir a través de ferramentas como o debuxo, a fotografía, etc.​   Camiñaremos un tramo do PRG 186, que discurre polo Concello de Toen. Visitaremos varias formacións graníticas naturais, destacando os penedos “Cima da Granxa” e un mirador sobre o rio Miño coa cidade de Ourense ao fondo.    O punto de encontro será o día 20 de Febreiro, ás 11:00 h da maña no pobo de Mugares, a 10 km da cidade de Ourense. Coa intención de xantar no bosque e recollernos antes de que veña a noitiña.    Coordinadora: Laura Lobón Castro.    Requisitos para participar: Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade Adxuntar na inscrición cuberto e firmado o seguinte formulario COVID: FORMULARIO_____DECLARACIÓN_RESPONSABLE_FGM_ORGANIZACIÓN-DEPORTISTAS (1) Prezo:A actividade é

Más Información »
+ Exportar Actividades listados

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón