Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades
Buscar Actividades

Navegación entre vistas de Eventos

Actividades pasados

Subscríbete ás actualizacións do calendario do club

Actividades Lista de Navigation

Xaneiro 2022

Montaña: Coñece invernal : Montihuero

22 Xaneiro 2022 - 23 Xaneiro 2022

Coñece a montaña invernal:Montihuero (22-23 de xaneiro)  Queres comenzar no mundo do alpinismo, queres coñecer novos terreos de xogo ou simplemente apetéceche visitar novamente a montaña leonesa?, pois esta actividade é para ti. Comezo (lugar, hora…): Sábado 22: Torrebarrio 8:00h Domingo 23: Torrebarrio 7:00h Transporte:Coches particulares Material: Os participantes deben contar co material básico: piolet,crampóns e

Más Información »

Montaña, Sendeirismo: Salentinos 29-30 xaneiro

29 Xaneiro 2022 - 30 Xaneiro 2022

Salentinos 29-30 xaneiro Durante a finde semana 29, 30 de xaneiro achegarémonos a Salentinos Sairemos o venres con idea de pernoctar en Salentinos na Cabana del Trasgu, xa votamos de menos as veladas co noso amigo Senén. O sabado ascenderemos o Valdeiglesias dende Salentinos ruta circular duns 20 km 1200 desnivel + 1100 (se houbera

Más Información »

Escalada: Coñece a escalada de varios longos equipados(29de xaneiro) : Faro Budiño

29 Xaneiro 2022

Coñece a escalada de varios longos equipados(29de xaneiro) Descripción xeral     A todas e todos aqueles interesados en dalo salto da escalada deportiva a escalada de  varios longos en terreo equipado.  Comezo (lugar, hora…): Sábado 29, 10:30h. Zona escalada de Budiño. Material: Os participantes deben contar co material de escalada básico: arnés, casco, cintas express, asegurador (tipo gri-gri), descensor (tipo Reverso ou ATC), cordinos para nós bloqueantes, cabo de ancoraxe. Material recomendado a aportar

Más Información »

Sendeirismo: Pena Corneira dende a Quinza 30/01/2022

30 Xaneiro 2022

 Ribadavia - Pena Corneira Descrición do roteiro: o roteiro trátase dun interesante carreiro que une a localidade de Ribadavia coa preciosa paraxe de Pena Corneira, partimos da Quinza en Ribadavia por un carreiro situado na marxe esquerda do río Avia ata alcanzar a localidade de Leiro seguimos o camiño real ata Lebosende posteriormente alcanzamos a

Más Información »
Febreiro 2022

Formación: Coñece a neve//Aprazada por falta de neve

5 Febreiro 2022 - 6 Febreiro 2022

Coñece a neve: Paseos e excursións en terreos nevados.  O desenvolvemento da actividade adaptarase ás condicións e estado da neve,podendo realizarse en Manzaneda, nas inmediacións do Refuxio do Club, ou en Pena Trevina, na zona denominada «Fonte dá Cova» Transporte: Particular ata en lugar de comezo da actividade. Material recomendado: Roupa de abrigo, gorro, luvas,

Más Información »

Sendeirismo: Courel 12-13 Febreiro

12 Febreiro 2022 - 13 Febreiro 2022

Courel 12-13 Febreiro A serra do Courel alberga a maior xoia natural de Galicia a Devesa de Rogueira, un bosque autóctono, onde convive a práctica totalidade das especies vexetais naturais de Galicia .http://www.serradocourel.es/home.html Información útil  Comezo (lugar, hora…):   Quedaremos para empezar a ruta as dez e media na aula de natureza de Moreda  Transporte:  Coches particulares Material recomendado:  Dependendo das condicións climáticas, non sé precisa ningún material técnico 

Más Información »

Esquí: Semana branca 2022 – Grandvalira (Andorra)

13 Febreiro 2022 - 19 Febreiro 2022

Semana branca 2022 - Grandvalira (Andorra) DATAS: 13 - 19 de febreiro de 2022 ALOXAMENTO:  Pernoctas en Apartamentos ainda por determinar pero sen réxime de media pensión. Contan con cociña, salón e camas ou liteiras. Prezo: Prezo final de aloxamento entre o 13 e 19 de febreiro + forfait de luns a venres variable en

Más Información »

Infantís, Sendeirismo: Natureza e Xogo no Monte da Xoia 20 de Febreiro.

20 Febreiro 2022

NATUREZA E XOGO NO MONTE DA XOIA, 20 DE FEBREIRO  Información útil  Comezo (lugar, hora…):   11:00 h – No pobo de Mugares, a 10 km da cidade de Ourense  Transporte:  Coches particulares  Material recomendado:  Actividade de sendeirismo. Vestimenta e calzado axeitados. Comida  e bebida para pasalo día. Descripción da actividade a realizar     Sendeirismo na natureza e xogos de expresión. Actividade multiedade, apta para nenos. Proposta lúdica que mixtura una ruta de 6 km e 350 m de desnivel positivo acumulado e xogos para crear e compartir a través de ferramentas como o debuxo, a fotografía, etc.​   Camiñaremos un tramo do PRG 186, que discurre polo Concello de Toen. Visitaremos varias formacións graníticas naturais, destacando os penedos “Cima da Granxa” e un mirador sobre o rio Miño coa cidade de Ourense ao fondo.    O punto de encontro será o día 20 de Febreiro, ás 11:00 h da maña no pobo de Mugares, a 10 km da cidade de Ourense. Coa intención de xantar no bosque e recollernos antes de que veña a noitiña.    Coordinadora: Laura Lobón Castro.    Requisitos para participar: Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade Adxuntar na inscrición cuberto e firmado o seguinte formulario COVID: FORMULARIO_____DECLARACIÓN_RESPONSABLE_FGM_ORGANIZACIÓN-DEPORTISTAS (1) Prezo:A actividade é

Más Información »

Montaña: Montaña:Fuentes Carrionas (26 febreiro-1 marzo)

26 Febreiro 2022 - 1 Marzo 2022

Fuentes Carrionas (26febreiro-1marzo):   Travesía con vivac do Alto Carrión (Montaña Palentina)  A Integral da Montaña Palentina consiste en percorrer toda a dorsal que, partindo do  Curavacas, enlaza coas Tres Provincias polo Ves, e dende alí por Las Cuartas, Murcia.. ata o Espigüete. Unha distancia teórica de 30 km, que se pode alongar ascendéndose  o Peña Prieta, supérase un desnivel acumulado de aproximadamente 3400 m e  practicamente nunca se baixa dos 2000 m de altura, sendo o seu teito o Curavacas con 2520 m.  Información útil  Comezo (lugar, hora…):    Sábado 26: Vidrieros 7:30h    Transporte:  coches particulares Material:  Os participantes deben     contar     co     material     básico: piolet,  crampóns e casco (o clube ten un número limitado deste  material que podedes solicitar).   Material     xeral recomendado travesía: botas cramponables  ríxidas ou semirríxidas, polainas, roupa de abrigo para  condicións invernais, luvas, protección solar, mochila de  30-40L, cantimplora ou bolsa tipo camel, barritas ou comida de  ataque, comida para cear e almorzar, frontal, fornelo.    Material técnico último día: doble piolet, arnés, casco, material  de progresión: friends, fisureros, tornillos, cintas e material  para asegurar e rapelar.  (Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso).  Pernocta:  Vivac. Levar tenda ou funda de vivac.    Requisitos para  participar:  Para a travesía: ter feito algún “coñece a montaña invernal” ou  saber progresar e autodeterse en montaña invernal.   Último día: ter participado nalgún “coñece o material de  progresión na escalda clásica” ou ter experiencia neste terreo. Información técnica  Actividade de montaña  DIA 1  Descripción da actividade a realizar   Saíndo de Vidrieros, remontamos as Curavacas polo Callejo Grande (F+, III/1) e  continuamos pola súa dorsal, para enlazar a cresta do Alto Carrión ata os campos de  Xibraltar, onde instalaremos o vivac. (Según o horario pódese subir a Tres Provincias e  Peña Prieta o mesmo día, ou deixalo para o segundo día).    DIA 2  Descripción da actividade a realizar   Seguiremos a cresta e os seus cumes (Guadañas, Malas, Murcia, Hoya de Martín  Vaquero...) para rematar coa subida ó Espigüete, pola Norte Clásica (PD, III/1) ou pola  cresta NO (AD, III/2-), e a baixada a Cardaño de Abaixo.  ________________________________________________________________________________  Info:   Desnivel acumulado positivo: 3575m  

Más Información »
Marzo 2022

Espeleoloxía: Coñece a espeleo : Mondoñedo 5-6/03/2022

5 Marzo 2022 - 6 Marzo 2022

Coñece a espeleo : Mondoñedo Coñece a espeleo, trátase dunha actividade de toma de contacto coa Espeleoloxía, visitando de paso a cova de maior desarrollo da comunidade, a cova do Rei Cintolo. Este Coñece a Espeleoloxía está aberto a todo aquel soci@ maior de idade que teña interese en coñecer o mundo subterráneo e o

Más Información »

BTT, Escalada, Sendeirismo: Día da muller 19 de Marzo

19 Marzo 2022

Día da muller 19 de Marzo Retomamos a actividade para o  19 de Marzo, pero esta vez no  Pindo Escalada: escalaremos na zona de escalada do Pindo coa actividade que xa estaba programada:  https://www.clubalpinoourensan.es/actividade/monte-pindo/ BTT:A actividade proposta terá unha distancia duns 33 quilómetros con 500 metros de desnivel positivo e outros tantos negativos.Nesta ligazón pode

Más Información »

Escalada: Escalada no Monte Pindo 19-20 marzo

19 Marzo 2022 - 20 Marzo 2022

Escalada no Monte Pindo 19-20 marzo Descripción da activiade Escalada no monte Pindo. Sector o Collado Quedaremos aquí as 10:30 onde se deixan os coches antes da presa do embalse do Ézaro, o lado dunha pista que baixa. Dende o coche ata o sector o Collado temos un tramo a pé de uns 50 minutos

Más Información »

Infantís, Sendeirismo: Natureza e xogo no Barbantiño 20 de marzo

20 Marzo 2022

NATUREZA E XOGO NO BARBANTIÑO, 20 DE MARZO  Descripción da actividade a realizar Sendeirismo na natureza e xogos de expresión. Actividade multiedade, apta para nenos.  Proposta lúdica que mixtura una ruta de 4 km de lonxitude con 200 m de desnivel positivo acumulado e xogos para crear e compartir a través de ferramentas como o debuxo, a fotografía, etc.​Camiñaremos pola beira do río Barbantiño, ata a

Más Información »

Sendeirismo: Xurés 26-27 marzo 2022

26 Marzo 2022 - 27 Marzo 2022

Xurés 26-27 marzo 2022 SÁBADO 26 DE MARZO – PICO NEVOSA SAÍDA DENDE A CAPELA DA NOSA SEÑORA DO XURÉS HORA DE SAIDA: 9:30h LONXITUDE: 19 km con 1123m de desnivel CIRCULAR Sairemos dende a ermida polo camiño que vai á b eira do río Vilameá ata as Minas das Sombras. A partir de aquí

Más Información »
Abril 2022

Escalada: Compromiso alpino – INICIACIÓN AO AUTORRESCATE en parede 2 abril

2 Abril 2022

Compromiso alpino – INICIACIÓN AO AUTORRESCATE en parede Data límite para a inscripción  31/03/2022 Información útil Comezo (lugar, hora…): 9h – Escola de escalada do Canon do Sil, sector Camachuelo Transporte: En vehículos particulares. Material recomendado: Material personal: - Casco - Arnés - Descendedor tipo “reverso” e mosquetón de seguro - Dos cordinos para nudo machard e os seus mosquetons de seguro - Cabo de ancoraxe -

Más Información »

Escalada: Escalada no Barbanza 9-10 abril

9 Abril 2022 - 10 Abril 2022

Quedada de escala no Barbanza (Pedra Serpal e Castro de Baroña) Actividade na que podemos escalar o día 9 na Pedra Serpal e o 10 no Castro de Baroña. Día 9 Pedra Serpal Para acceder a Pedra Serpal podemos facer unha pequena ruta de sendeirismo en vez de realizar o acceso cos coches pola pista

Más Información »

Escalada, Infantís, Montaña, Sendeirismo: Semana Santa 2022: Luna 14-17 abril

14 Abril 2022 - 17 Abril 2022

MULTIACTIVIDADE: MONTAÑA, SENDEIRISMO, ESCALADA E INFANTÍS EN SENA DE LUNA: Proposta de montaña, sendeirismo e escalada non entorno de Sena de Luna, dentro do parque natural de BABIA y LUNA. O Parque Natural de Babia e Luna está situado na vertente meridional da Cordillera Cantábrica, no sector centro-occidental da montaña de León. Ocupa os termos

Más Información »

Infantís, Sendeirismo: Natureza e xogo ” No Pozo do Inferno”:17 abril (cancelada)

17 Abril 2022

NATUREZA E XOGO NO POZO DO INFERNO, 17 DE ABRIL Data límite para a inscripción Xoves 14 de Abril Información útil Comezo (lugar, hora…): 11:00 h – No pobo do Viñao, a 20 km da cidade de Ourense Transporte: Coches particulares Material recomendado: Actividade de sendeirismo. Vestimenta e calzado axeitados. Comida e auga para pasasr

Más Información »

Escalada: Coñece a escalada : O Galiñeiro

23 Abril 2022 - 24 Abril 2022

A medida que se acheguen as datas iremos dando máis información Requisitos para participar: Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade Prezo:A actividade é gratuíta. Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo) A inscrición non será válida se no

Más Información »

Sendeirismo: Camiñando as Fragas do Eume 30 abril – 1 maio

30 Abril 2022 - 1 Maio 2022

 Camiñando as Fragas do Eume 30 abril - 1 maio O vindeiro sábado 30 abril camiñaremos por varias das fragas máis descoñecidas que rodean o río Eume, o cal nace na serra do Xistral e fúndese co océano en Pontedeume (A Coruña). A ruta circular de dificultade moderada, discurrirá polo concello de As Pontes (A

Más Información »
Maio 2022

Sendeirismo: Circular Moreiras – Toén 8 maio

8 Maio 2022

Circular Moreiras - Toén 8 maio Descrición: Este percorrido sorprende polos seus espectaculares vistas sobre o río Miño, así como pola riqueza arquitectónica do concello de Toén. Iniciando o roteiro en Moreiras, a senda percorre os seus primeiros tramos polo núcleo urbano que conta con construcións ben conservadas e de boa factura, como a súa

Más Información »

Sendeirismo: Natureza e Xogo no laberinto de Montealegre, 15 de maio (cancelada)

15 Maio 2022

NATUREZA E XOGO NO LABERINTO DE MONTEALEGRE, 15 DE MAIO Información útil Comezo (lugar, hora…): 10:00 h – En Montealegre, 5 km da cidade de Ourense Transporte: Coches particulares Material recomendado: Actividade de sendeirismo. Vestimenta e calzado axeitados. Comida e bebida para pasalo día. Descripción da actividade a realizar Sendeirismo na natureza e xogos de

Más Información »

Montaña: Coñece a montaña con vivac en Trevinca 21-22 maio (aprazada por treboadas)

21 Maio 2022 - 22 Maio 2022

Coñece a montaña con vivac en Trevinca 21-22 maio DESCRICIÓN DO ROTEIRO: Circular con vivac en Trevinca Amplo roteiro circular que percorre durante preto de 50 Km. o macizo de Trevinca desde a súa vertente Zamorana . Este roteiro percorre gran parte do parque Natural do Lago de Sanabria , desde os vales próximos ao

Más Información »

Escalada: Escalada artificial : Pena Corneira 28 maio

28 Maio 2022

Nova actividade do programa COMPROMISO ALPINO adicado a ascender unha cume modesta pero icónica da nosa xeografía. Todo un emblema na escalada Galega e do Clube Alpino Ourensan. Prácticas de ESCALADA ARTIFICIAL en varias das suas vias. A0, A1 e A2 moi útil para adquirir recursos de cara as nosas escaladas en parede. Información útil

Más Información »

Trekking: Coñece o trekking : Manzaneda 29 maio

28 Maio 2022

Coñece o trekking : Manzaneda 29 maio Actividad esencial de acercamiento al senderismo de aventura «fuera de pista señalizada»   Data límite para a inscripción: Mércores 25 Maio 2022 Información útil Comezo (lugar, hora…):Refuxio Pena do Caldeiro (Manzaneda) 10:00h El Domingo 29 realizaremos una travesía de media montaña,partiendo de las inmediaciones del refugio del Club

Más Información »
Xuño 2022

Espeleoloxía: Coñece a espeleoloxía vertical : Canón do Sil 4 Xuño (aprazada)

4 Xuño 2022

Coñece a espeleoloxía vertical : Canón do Sil 4 Xuño Nas nosas saídas de espeleoloxía regularmente temos que usar equipos de vertical para superar as dificultades como pozos e salvar outras, sempre co grado máximo de seguridade, e por iso que despois do anterior Coñece a Espeleloxía, propoñemos aos interesado@s esta actividade chea de recursos

Más Información »

Infantís, Sendeirismo: Descubrindo o río Sor 4-5 xuño

4 Xuño 2022 - 5 Xuño 2022

Actividade infantil/adult@s para a finde do 4 e 5 de Xuño:"Descubrindo o río Sor (Mañón)". Sábado 4 de Xuño: Faremos sendeirismo todo pola beira do Río Sor duns 12km lineal e case sen desnivel.  Comezaríamos na ribeira do Bispo, estando toda a camiñada rodeados de fragas de ribeira, pasando por diversas áreas recreativas e distintos

Más Información »

BTT, Escalada, Sendeirismo: Multiactividade en Oia 11-12 xuño

11 Xuño 2022 - 12 Xuño 2022

Multiactividade en Oia 11-12 xuño Multiactividade en Oia: sendeirismo, escalada, bicicleta de montaña. Tod@s @s participantes deberán indicar nas observacións as actividades nas que se inscriben. Punto de quedada  sábado día 11 Mosteiro de Oia as 10:30h SENDEIRISMO  Sábado :Ruta Máxica de Oia https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-maxica-de-oia-36317955 Domingo : Muiños do Folón e do Picón https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/2020-muinos-do-folon-e-do-picon-50255852/photo-33393071   BTT  Sábado:   https://es.wikiloc.com/rutas-mountain-bike/btt-chourizada-de-oia-2019-32602765 

Más Información »

Sendeirismo: Natureza e Xogo na Zarra, 12 de Xuño (cancelada)

12 Xuño 2022

Natureza e Xogo na Zarra, 12 de Xuño Información útil  Comezo (lugar, hora…):   11:00 h – No pobo da Bergueira, 10 km da cidade de Ourense  Transporte:  Coches particulares  Material recomendado:  Actividade de sendeirismo e exploración. Vestimenta e calzado  axeitados. Comida e bebida para pasar o día  Descripción da actividade a realizar     Multiactividade: Sendeirismo, exploración, taller de contacontos e xantar no bosque. ​ Actividade para nenos por fora e por dentro.​ ​ Ruta de 4 -6Km de lonxitude con 300 m de desnivel positivo acumulado. Visitaremos o petroglifo da Zarra (xa en breves e o solsticio de verán!). * Exploraremos o bosque de carballos na procura dun lugar resgardado.  *Contaremos uns contos. Pasaremos o día no bosque e xantaremos alí, prepara as tuas delicatessens.​   O punto de encontro será o día 12 de Junio, ás 11:00 h da maña no pobo da Bergueira, a 10 km da cidade de Ourense.​   Coordinadora: Laura Lobón Castro.    Requisitos para participar: Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade Prezo:A actividade é gratuíta. Prazas limitadas(Requirirase un

Más Información »

Sendeirismo: Coñece as covas camiñando 18 xuño (cancelada)

18 Xuño 2022

Coñece as covas camiñando 18 xuño Coñece as covas, o espazo interior. Actividade esencial de achegamento ao misterioso e enigmático universo subterráneo dende unha perspectiva alternativa e inclusiva, contemplando aspectos naturais, culturais, lúdicos, artísticos ou meramente estéticos. Comezo: Domingo 19 Xuño ás 9:30 horas. Punto de encontro: gasolineira da Barosa (A Barosa, O Bierzo). Transporte:

Más Información »
+ Exportar Actividades listados

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón